-
Use Cases
-
Resources
-
Pricing
850
% complete
1769
% complete
1790
% complete
1818 - 1829
% complete
1830
% complete
Tradicionalmente os maorís crían nun panteón de deuses e espíritos. A finais da década de 1820, porén, os maorís comezaron a mudar os seus costumes morais e relixiosos debido á influencia da relixión cristiá. No 1840, os maorís xa superaban ós británicos nas misas. Te Hāhi Mihinare, a igrexa Anglicana, era, e segue a ser, a igrexa con maior freguesía maorí. Pese a todo os maorís desenvolveron as súas propias ramas dentro do cristianismo adaptándoas ós seus propios costumes. (Teara.govt.nz, 2017).
1840
% complete
1856
% complete
1858
% complete
O Kīngitanga fundouse no ano 1858 para unir ós maorís baixo un único soberano a fin de protexerse do inxente aumento da poboación europea que supuña unha ameaza para eles e as súas terras. A sede do Kīngitanga está localizada na rexión de Waikato. Dende a súa creación, o Kīngitanga tivo seis reis e dúas raíñas. (Teara.govt.nz, 2017).
Durante a guerra de Waikato, en 1860, o Kīngitanga era percibido, polo menos desde o goberno, como unha ameaza á coroa británica, xa que, dicían, pretendía escindir ós maorís da soberanía do imperio. A pesar disto, actualmente o Kīngitanga é considerado unha institución moi relevante na loita pola unidade do pobo maorí. (Nzhistory.govt.nz, 2017).
1865
% complete
Tras varias propostas para cambiar a localización da capital do país, en 1863 chegouse á conclusión de que a decisión sería tomada por un comité independente. Tres gobernadores de diferentes rexións australianas viaxaron a Nova Zelandia para estudar as diferentes propostas de localización. Finalmente decidíronse por Wellington e comunicáronllo ó goberno nunha carta de apenas dúas páxinas de extensión, explicando algúns dos seus argumentos; despois disto volveron a Australia.
Como consecuencia do cambio producíronse protestas públicas en Auckland e chegóuse a reclamar unha separación do país. (Teara.govt.nz, 2017).
1867
% complete
1877
% complete
1893
% complete
1920
% complete
1938
% complete
Dende 1939 os hospitais neozelandeses son públicos e case calquera persoa pode gozar dos seus servizos (principalmente calquera persoa que viva no país de xeito legal). En situacións de extrema necesidade como en accidentes, os hospitais de Nova Zelandia non lle denegan a asistencia sanitaria a ninguén. (New Zealand Government, 2017).
En 1941 o goberno comezou a asegurar a gratuidade dos medicamentos con receita e subvencionaba as facturas médicas. Porén en 1985, volveuse introducir o pagamento dos medicamentos con receita o que influíu nun decrecemento da asistencia ó médico. Isto supuxo o encarecemento das facturas médicas dalgúns afectados por non seren diagnosticados a tempo. (Teara.govt.nz, 2017).
1947
% complete
1962
% complete
1985
% complete
1997
% complete
2004
% complete
2006
% complete
No ano 2006, o Goberno de Nova Zelandia aprobou o New Zealand Sign Language Act (NZSL Act), polo que a Linguaxe de Signos de Nova Zelandia (NZSL) pasaba a ser unha das linguas oficiais do país xunto co inglés e o maorí. Así, os usuarios teñen dereito a empregar a lingua de signos nas cortes e os departamentos do goberno teñen a obriga de utilizala á hora de proporcionar información o público (24 000 persoas xordas poden agora beneficiarse deste servizo). (Legislation.govt.nz, 2017).
A NZSL é un reflexo da cultura, xa que inclúe conceptos maorís, e que sexa unha lingua oficial reflicte a igualdade de dereitos pola que tanto loitan os neozelandeses.
2011
% complete
2013
% complete